lunes, 30 de noviembre de 2009

Actividade 3: NETrezade

A seguinte actividade ten que ver coa realización dun logotipo que represente ó canal web escolar de próxima inauguración chamado NETrezade.

NETrezade é un nome que ven da unión da palabra ingle NET (rede, referíndose á rede dixital de comunicacións) e Sherezade (a princesa protagonista e narradora das 1001 noites)

O proxecto NETreazade, que está a deseñar a profesora de tecnoloxía do IES "A Cachada" Ana Moreiras, é un proxecto interdisciplinar.

Esencialmente é unha wiki que dirixe a tres webquests nas que se indica paso a paso ós estudantes como realizar unha reportaxe, unha curta ou unha animación.

Pero a gracia do choio é que simula ser unha cadea de televisión na que os navegantes pasan a ser os técnicos de imaxe e son, reporteros, etc... da mesma.

Así, a proposta de actividade é a realización dun logotipo corporativo para este imaxinaria cadea de contidos en liña, dun xeito fresco, moderno e dinámico.

viernes, 20 de noviembre de 2009

lunes, 26 de octubre de 2009

Actividade 02. Creación da cabeceira dun xornal escolar.

Nesta actividade deberemos crear o deseño da cabeceira dun xornal escolar que sería publicado no IES Praia Barraña de Boiro.

A cabeceira dun xornal (tamén chamado cabezal ou cabezote) de cotío conta cos seguintes elementos principais:

* Logotipo.
* Lema.
* Data.
* Precio.
* Anos de vida.
* Cidade.
* Número de edición.


Deberá terse en conta o uso da tipografía e dos restantes elementos gráficos.

Algúns exemplos de cabeceiros de xornais publicados no noso Estado neste artículo do Blog Visualmente, dividido en dúas partes, AQUí e AQUí.

Actividade 01. Uso de Tipografías.

Esta actividade ten como proposta a realización dun rediseño cambiando o elemento tipográfico.

A imaxe de partida será imaxe gráfica dun comercio, local, empresa ou similar.

Unha vez escollida, realizaremos un cambio nas tipografías empregadas, de xeito que a mensaxe que transmite ese conxunto gráfico se vexa sustancialmente modificada coa nova incorporación do elemento tipográfico.

jueves, 22 de octubre de 2009

Presentación

Ola.

Benvid@s a este Blog, que se constitúe como un punto de encontro para os estudantes da asignatura de "Deseño" do Bacherelato de Artes do IES Praia Barraña de Boiro, A Coruña.

Neste espazo se publicarán traballos, recursos, aplicacións, comunicados,... servirá de galería, de taller, de aula,... en resumo, o noso fogar virtual.

Non perdades de vista os interesantísimos enlaces a outras páxinas especializadas no deseño, porque non teñen desperdicio.

Ata pronto.