A seguinte actividade consiste na elaboración do deseño dun logotipo mediante ferramentas de traballo dixitais, como por exemplo inkscape.
Datos do negocio: Tenda de roupa para xente dunha idade comprendida entre os 16 e 20 anos máis ou menos. Moda xove.
O que hai que facer é deseñar a logoforma do comercio coa intención de crear unha imaxe corporativa do negocio, tal e como vimos nos exemplos de clase.
O traballo levarase a cabo en equipos de dúas personas.
Unha vez feito o deseño final, tendes que enviar o arquivo inkscape (nomes dos alumnos participantes no equipo+arreo.svg como nome do arquivo, por exemplo pepejosefaarreo.svg) ó correo da clase pascualvidal.barranha@gmail.com
Haberá tamén que entregar físicamente maquetas a escala real do feito no proxecto.
Asemade, hai que exportar a imaxe a formato png e resolución de 72 pp (resolución para monitores) e subila ó blog da clase cos nomes ou pseudónimos do grupo de traballo nun tema que se abrirá para tal efecto.
Tamén se poden agregar os bocetos, de habelos.



